martes, 31 de mayo de 2011

Subvencións ao turismo rural en Galicia (2011)

A Consellería de Cultura e Turismo convoca unhas axudas para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico, mediante a subvención a entidades privadas para a creación de aldeas de turismo rural, a mellora de establecementos existentes de turismo rural, e a creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos de turismo rural existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Está moi ben iso de adecuar as infraestruturas turísticas ás esixencias dos consumidores, pero non sería máis beneficiosos a medio e longo prazo apostar pola diversificación? O documento céntrase excesivamente en establecementos de aloxamento e restauración... parece que a administración aínda non se deu conta de que os clientes queren entreterse, coñercer o entorno natural e cultural... non se trata só de comer e durmir!!!
A norma pode consultarse na Orde do 23 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos. Enlace á publicación do DOG:

1 comentario:

  1. Estou dacordo contigo, xa que na diversidade esta a calidade, durmir e comer xa sabemos que podemos deixar o liston alto pero necesitamos que a xente conte algo mais, mais actividades, mais relacions entre concellos aproveitando o mellor de cada un.

    ResponderEliminar