jueves, 26 de mayo de 2011

Queixería Castelo: os inicios

A aparición desta queixería foi resultado da determinación de Xesús Pérez Freijo de establecerse e manterse na súa terra de orixe.
A idea de montar unha queixería apareceu a finais dos anos 80 nunha tarde de viños daquelas nas que se fala de todo e de nada. Foi D. Luis Abades, membro do ICA, quen lle deu a idea visto o éxito que estaba a ter a iniciativa en Arzúa; na opinión de D. Luis non era entendible como un queixo tan peculiar e saboroso se estaba deixando desaparecer, sobre todo nunha época na que a administración estaba a fomentar a creación deste tipo de producións.
O gran atranco que se atopou foi un cambio lexislativo en canto a saúde pública, que obrigaba a empregar leite pasteurizada no proceso de elaboración do queixo. O feito de usar leite pasteurizada en lugar de leite cru na elaboración dun queixo fresco, como era o caso, implica cambios na súa textura (menos cremosidade) e no seu sabor (máis ácido). Debido a isto, ata 1993 as vendas foron practicamente nulas dado que a produción lograda non se parecía ao queixo orixinario da zona. Foi un período duro e cheo de probas e máis probas para mellorar a receita e, ante estes atrancos, recibiu axuda de técnicos, enxeñeiros e queixeiros nacionais e, nalgún caso, internacionais; pero sen resultado. Durante eses primeiros anos, para cubrir custos e sobrevivir, a súa actividade básica consistiu en fundir queixo para fábricas externas; ao mesmo tempo que seguía a realizar novas probas.
Pero o esforzo ten premio e conseguiu obter unha boa receita para o produto. Sen embargo, o traballo non rematou aí xa que este empresario mantén un proceso de mellora continua do produto o cal compaxina coa investigación acerca dos orixes, previos ao século XVIII, do Queixo do Cebreiro. 

3 comentarios:

  1. El fin de semana, vi por la tele (no me acuerdo la cadena)un reportaje sobre distintos microemprendimientos que arrancaron en España a raíz de la crisis, y dieron uno sobre una quesería en Asturias. Se trataba de una reconversión de una granja que había sido historicamente vacuna y ahora se había pasado a las cabras -cuya cuota no está limitida, en el caso de la leche- y que hacía también unos quesos buenísimos (por lo que se veía). Lo curioso fue que tan rentable resultó, que hasta los padres del chico que la había creado dejaron sus trabajos (ambos fijos), para irse a trabajar con él... PARA QUE LUEGO DIGAN QUE NO PUEDE SER RENTABLE!

    ResponderEliminar
  2. Definitivamente las buenas ideas surgen en los momentos menos esperados: Un buen vino y dando a luz una idea de negocio. Me parece que a pesar de las dificultades afrontadas por Jesús Pérez, ha logrado mantenerse en el mercado por su capacidad de determinación al momento de buscar alternativas.
    Felicitaciones a la empresa! Ya he probado el producto, es muy sabroso.

    ResponderEliminar
  3. Sei de cal reportaxe falas "Anónimo", eu tamén vin ese programa creo que na 2 de TVE.
    Ese exemplo que sae na reportaxe, as quexerías das denominacións galegas e de moitos outros lugares de España; son o claro exemplo de que o rural pode ter (e ten) futuro, só hai que facer as cousas ben e ter iniciativa.
    Exemplo similar na D.O. do Queixo do Cebreiro sería a Queixería Marqués de Cernadas, a cal elabora o seu queixo con leite procedente da súa propia explotación leiteira, xerando valor engadido que doutra forma iria a parar ás industrias leiteiras. A clave está precisamente aí, en xerar valor engadido e non ser un mero produtor de materias primas para outras industrias.

    ResponderEliminar