martes, 17 de mayo de 2011

Contraurbanización: si ou non?

O fenómeno denominado contraurbanización refírese á transformación da distribución espacial da poboación, a cál se translada dende as urbes ás áreas rurais próximas. Este fenómeno leva tempo observándose en EEUU e Latinoamérica e tamén parece comezar no noso país.
Xa se está comezando a "vender" esta idea como o futuro do rural, pero nada máis lonxe da realidade. Estes novos residentes seguen a realizar todas as súas actividades na cidade, non soen relacionarse cos veciños e, en moitas ocasións, non respectan a forma de vida dos residentes autóctonos o que xera conflictos de intereses (o esterco cheira mal, por exemplo). Por outra banda, a pesar de que se di que este éxodo urbano ven motivado pola saturación e contaminación das cidades, pola tranquilidade e o desfrute da natureza que ofrece o rural, pola mellora das infraestruturas de transporte e a maior flexibilidade na organización do traballo (grazas ás TIC)... eu penso que o prezo do solo segue a ser o factor determinante na toma deste tipo de decisións. E de aquí xúrdeme unha pregunta, non estaremos a falar da urbanización do rural en lugar da contraurbanización? Un fenómeno xeralizado deste tipo, en ausencia de planificación, podería traer consigo todos os efectos nocivos da especulación urbanística... non queremos que os nosos pobos e aldeas do rural sexan o "novo Barreiros" verdade?
FERRÁS, C. (2007): "El enigma de la contraurbanización. Fenómeno empírico y concepto caótico". Revista Latinoamericana de Estudios Urbanos Regionales, vol. 33, nº 98, pp 5-25.
Enlace ó artigo:

2 comentarios:

  1. Polo que vexo hai que tratar de evitar os conflictos de intereses, xa que estos urbanitas inda que non interactuen moito co entorno rural, si que deixan diñeiro no mesmo o que pode levar a unha mellora das condicións de vida dos autóctonos. Así que non o demoremos máis.....inventemos esterco sen cheiro!!!:)

    ResponderEliminar
  2. Dado que non estamos a falar da volta á cultura do arado, o éxito deste fenómeno vai depender principalmente de atopar unha combinación das formas de vida rural e urbana, respectando o entorno, a cultura e as formas de vida tradicionais así como os intereses dos novos residentes. Por outra banda, dentro do posible, debe facerse unha planificación urbanística do rural coherente e así evitar as monstruosidades como a de Barreiros.

    ResponderEliminar