jueves, 19 de mayo de 2011

Redes alternativas de alimentos: un nicho de mercado

As redes alternativas de alimentos representan un esforzo por relocalizar e resocializar os procesos de produción, distribución e consumo; e están a ter un éxito crecente en moitos países. As súas características diferenciadoras son que non existen intermediarios entre produtor e consumidor, que poñen énfase no cultivo de produtos orgánicos e ecolóxicos; e que se centran na calidade e non na cantidade. Estes aspectos cada, vez máis valorados pola sociedade (principalmente urbana e de clase media-alta), están a facer que se abran novas oportunidades de negocio no rural de moitos países.
Pero, son viables este tipo de negocios? Sería posible transladar esta experiencia á nosa Galicia? Unha clara limitacións destas redes alternativas de alimentos derívase do feito de que a venda directa implica unha maior carga de traballo e de tempo; e tamén asumir os custos de transporte e distribución. Ademais, unha actividade deste tipo require ter un certo coñecemento do mercado obxectivo.
Referencia bilbiográfica: JAROSZ, L. (2008): "The city in the country: Growing alternative food networks in Metropolitan areas". Journal of Rural Studies, vol 4, nº 3 pp 231-244. 
Enlace ao artigo: 

5 comentarios:

  1. Opino que sería unha boa idea pra Galicia pola sua superficie rural, sempre e cando haxa axudas pra o seu desenvolvemento, a calidade dos productos rurales e ecoloxicos non hai que demostrala hai que darlle saída e abrir os mercados non reducilos a unha cantas feiras o ano.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén son da opinión que Galicia ten un gran potencial, só hai que saber aproveitalo e para iso, como ti dis, hai que axudar, concretamente penso que do máis importante sería desenvolver unhas canles de comercialiación e distribución adecuadas aproveitando as novas tecnoloxías tanto como ferramenta de venda como de promoción.

    ResponderEliminar
  3. Nalguns paises funciona, incluso dentro do estado temos exemplos deste tipo de iniciativas,pero case todos están en comunidades onde a "clase media-alta" é abondosa,en Galiza o maior atranco será a distribución,o illamento do medio rural galego, a dispersión...bueno en fin o de sempre.
    Nestas experiencias ,que xa teñen un certo percorrido,as conclusións case en todos os casos son uniformes, no sentido no que o cliente ten que desplazarse o punto de venda, o "cultivo á carta" e a estacionalidade dos productos.

    ResponderEliminar
  4. Aquí, en Galicia, tamén exite algunha iniciativa deste tipo; agora mesmo recordo unha chamada lonxanet.com para produtos da pesca na cal, ademais están comezando a facer algún tipo de conserva artesanal e de calidade para desestacionalizar na medida do posible as vendas.
    Respecto ao que ti dis de que o cliente ten que desprazarse ao punto de venda nas iniciativas que coñeces...para Galicia iso suporía un atranco fundamental polo que ti dixeches: despersión da poboación, tamén a orografía e as infraestruturas en determinazas zonas...ter que ir buscar, por exemplo, os chourizos a Piornedo vexoo bastante improbable.....penso que Diana ten razón, a viabilidade deste tipo de iniciativas dependen fundamentalmente de conseguir desenvolver as canles de comercialización, tanto tradicionais como alternativos.

    ResponderEliminar
  5. home ter unha tenda en Madrid axudaria bastante,por eso eu falo de cultivo á carta,no que os potenciais compradores se comprometen con anterioridade á compra,o que faria mais doada a súa distribución concretando un dia para o reparto,e na estacionalidade dos produtos,os chourizos de Piornedo podo mercalos en Barcelona bcn gourmet.com.O medio rural galego é esencialmente labrego e de interior e a desestacionalización das vendas é dificil ata cos chourizos,claro,se son artesanais e ecoloxicos...Creo que estamos de acordo que o verdadeiro problema é establecer contacto cos posibles compradores.

    ResponderEliminar