martes, 17 de mayo de 2011

A crise demográfica e de despoboamento agrávase en Galicia

Entre os anos 2000 e 2010, Galicia apenas aumentou a súa población residente: 4.161 personas máis, o que representa un incremento do 1,52 por mil. Sen embargo, ese período tivo dúas etapas con comportamientos moi distintos. Na primeira (de 2000 a 2008) a poboación aumentou en case 64.500 persoas, e no ano que vai de xullo de 2009 a xullo de 2010 perdéronse máis de 60.000!!!!!!
Por tanto, cando se di que os efectos da crise non foron tan fortes en Galicia como no resto de España, depende de qué cifras se manexen, pois o por habitante puede resultar engañoso, na medida que basta con que o denominador decreza para que o cociente aumente sen que o numerador experimentase melloría algunha.
O que é aínda máis triste é que as zonas máis afectadas son as de sempre, é dicir, as rurais... acaso queremos que a nosa xeografía quede plagada de aldeas abandoadas como as da foto? querer no queremos, pero loitar tampouco loitamos...

Enlace á noticia:

4 comentarios:

  1. Boa observacion Diana, pero o tema é mais complicado que o feito de querer. moitos volveriamos as nosas aldeas, pero sempre esta a parte economica que no lo impide. Haberia moitos temas que debatir, pero desde o meu punto de vista o primeiro seria pensar na posibilidade da cesion de fincas que non se utilizan para poder ter maiores explotacions gandeiras e poder asi sacarlle un bo partido a este tipo de traballos, mellorando tamen a calidade de vida. O minifundismo é un problema heredado que afortunadamente esta comezando a cambiar. Pero si queremos que as explotacions agricolas e ganadeiras teñan futuro e con elas as nosas aldeas, hai que pensar en compartir traballo e compartir fincas. Moitos dos mozos e mozas poderian seguir asi con unha tradicion tan importante como necesaria na nosa Galicia querida. Fas un bo traballo co blog.

    ResponderEliminar
  2. Por suposto que non todo é querer pero si é o primeiro paso, ou acaso alguén loita por algo que non quere?
    Respecto á mala xestión e explotación das terras estou dacordo e unha das alternativas é o cooperativismo. Dicir tamén que no rural galego o feito de non ceder os terreos é algo cultural polo que en primeiro lugar débese facer unha tarefa de concienciación e de información na que as xeracións máis xóvenes temos un papel fundamental. A administración pola súa parte, ademais de colaborar no punto anterior, debería redeseñar o Banco de Terras de forma que fose máis sinxelo e eficiente (algo así están intentando, ou iso din).
    Algo que si quero aclarar é que o futuro do rural galego non pasa só pola produción agro-gandeira e forestal. Se ben é certo que no se debe abandoar, si se debe reorientar por exemplo, cara producións ecolóxicas ou de produtos diferenciados e de calidade. Algo indispensable é diversificar as actividades xa sexa grazas ao turismo, á artesanía, ao deporte, a pequenas industrias agroalimentarias, etc.

    ResponderEliminar
  3. Eu nacín na aldea, e aínda que marchei como a maioría da xente nova a vivir a un piso na cidade teño intención de volver. Imaxino que a xente nova que naceu no rural quere permanecer nel pero as facilidades son excasas. No tema da cantidade de fincas que están abandoadas ou sen sacarlles rendemento, estou completamente dacordo contigo Diana en que debe cambiar a conciencia da xente para darlles unha utilidade que fomente a volta ó rural da xente nova pero, se non somos capaces de facelo tamén vexo perfecto que calquera organismo como a Xunta regule este problema. Se por o noso propio pe non o facemos só queda que nos obriguen como en case todo. Marta.

    ResponderEliminar
  4. Estoy de acuerdo, y en más es triste ver como sobre todo el interior de Galicia se va pareciendo cada vez más al lejano oeste de los Estados Unidos, que en las películas de antes aparecia dejado y abandonado... La modernización está saliendo demasiado cara..:(

    ResponderEliminar