martes, 10 de mayo de 2011

Acceso a internet no rural...un paso adiante

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pretende facer posible o acceso a Internet dos municipios do sur de Lugo a través da tecnoloxía WIMAX. Para iso está desenvolvendo, en coordinación co departamento autonómico de Innovación e Industria, un proxecto destinado á creación dunha infraestrutura de acceso a Internet sen fios nos concellos do sur de Lugo e zonas limítrofes da provincia de Ourense. Esta iniciativa englóbase dentro dun programa máis amplo que busca implantar esta rede nas zonas do rural galego co fin de acabar co illamento tecnolóxico do interior de Galicia.
Enlace á noticia:

3 comentarios:

  1. Sabes que aquí en Xinzo el tema de WI-FI libre ya se volvió de tal importancia que algunos partidos lo incluyen en su plataforma política entre las medidas a acometer... Parece que realmente se empieza a notar la importancia que hoy tiene la comunicación, no solo en las grandes ciudades!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Agora só falta que cumpran o prometido...en Pedrafita xa hai ADSL nalgunhas zonas (as máis poboadas e menos montañosas) pero a orografía complica moito a instalación de calquera tipo de infraestruturas TIC (é difícil e moi caro).
    A importancia desa boa comunicación é importantísima para a actividade económica e é unha das oportunidade que teñen que aproveitar as zonas máis desfavorecidas de Galicia.

    ResponderEliminar
  3. Estivemos o outro día nun cursiño sobre a rede libre de Güifi.net, que veñen sendo os rapaces que enlazaron Samos-Aira Padrón-Teixiera mediante puntos wifi. Logo disto estivemos a botar contas sobre enlaces e tampouco se iría tanto de nai, dado que os equipos non son moi caros e o mantemento tampouco excedería. ¿Cal é o problema? Pois simplemente a disposición dos estamentos, cousa que por istes lares é difícil dado que non están todavía coas novas tecnoloxías e non valoran a grande importancia delas, nada mais que cando ven unha subvención dun estamento superior (os menos dada a orografía da zona, desgrazadamente)

    ResponderEliminar