miércoles, 23 de marzo de 2011

A Unión Europea apoiará ao proxecto Silvaplus, un plan enerxético galaicoportugués da biomasa

A Unión Europea aportará 565000€ en dous anos a donos de montes e empresas nos dous países co fin de aproveitar un recurso autóctono como é a biomasa forestal. O proxecto baséase no principio de sustentabilidade, de redución do risco de incendios e no aumento da redibilidade dos montes transfronteirizos.
Sempre é unha boa noticia a aposta pola produción de enerxías renovables como a biomasa, tanto dende o punto de vista ambiental como da sustentabilidade do sistema socioeconómico e, neste senso, Galicia e o Norte de Portugal son, a priori, grandes potencias. Pero, este proxecto vai favorecer realmente aos propietarios dos montes ou, pola contra, van ser as empresas concesionarias as grandes beneficiadas??? Os antecedentes no ámbito da enerxía eólica non son moi positivos: os propietarios reciben unha ínfima parte da rendibilidade total e as promesas de reinvestimento de beneficios no ámbito local, na súa grande maioría, non están a ser cumpridos. 
Enlace á noticia:

5 comentarios:

  1. Creo que después después de lo de Japón, es una muyyyy buena iniciativa!

    ResponderEliminar
  2. Un paso máis na aposta decidida polas renovables. Fíxate que en 2010 case cubriron toda a nosa demanda enerxética. Déixote a link cos datos: http://www.amigus.org/web/archives/013856.php
    Moi interesante a reflexión sobre o destino dos beneficios. Por certo, a iniciativa privada non podería autofinanciar este tipo de proxectos? Non existen retornos suficientes no emprego desta fonte de enerxía?

    ResponderEliminar
  3. A biomasa é unha fonte de enerxía que aproveita os restos forestais das cortas e os residuos industriais de madeira. Galicia e a primeira rexión española en canto a potencial deste tipo de residuos, existindo unha dispoñibilidade estimada de case un millón de toneladas por ano de biomasa forestal residual en condición sostida (INEGA), o que equivale a abastecer a calefacción duns 100000 fogares.
    Non sei como o ves ti, pero eu creo que esta cifra non é suficientemente atractiva como para que as empresas de renovables, sen axuda pública, se decidan a dar o paso. Se ben é certo que existen algunas pequenas empresas (subvencionadas) adicadas á instalación e ao suministro de "pellets" aos particulares.
    Moi interesante a información do link, sabía que a produción galega de enerxía renovable era moi elevada, pero non ata ese punto...non obstante non creo que "renovable" sea o mellor nome para a enerxía procedente de centrais e minicentrais eléctricas...ten outras externalidades ambientais negativas moi moi importantes!!!!

    ResponderEliminar
  4. Eu entendo que debería ser subvencionada na medida en que axuda á prevención de incendios. Algo polo que xa de seu creo que merece a pena apostar por esta fonte de enerxía. Pero temo que convertela nunha industria subsidiada leve á ineficiencia.
    Con todo, estou totalmente de acordo contigo: as empresas de renovables, sen axuda pública, non se decidirían a dar o paso. Polo que a iniciativa da UE paréceme acertada, pero debe esclarecerse que o futuro do sector pasa pola súa privatización. Eu polo menos véxoo así...

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén o vexo así. Quizais unha forma de levalo a cabo sexa subvencionar a actividade por un período transitorio concreto e logo pasar a unha privatización. Isto, claro está, sen esquecer nunca as necesidades, os intereses e os dereitos dos propietarios dos montes (que en ocasións se deixan un pouco de lado).

    ResponderEliminar