sábado, 26 de marzo de 2011

O exemplo de Brión

Mediante a creación de www.infobrion.com e empregando o GIS-T, Brión serve como exemplo de que o mundo rural pode superar as barreiras físicas que dificultan o seu desenvolvemento. A iniciativa consistiu en promover a implicación de todos os axentes socioeconómicos da zona de forma que eran eles os que creaban os contidos das redes virtuais (ensino, e-mercado, tradición, etc.). En base a isto cartografiouse a presenza das TIC, identificando aquelas áreas menos integradas na sociedade da información e máis necesitadas de programas de intervención social e alfabetización dixital. Esta tarefa é de vital importancia para un adecuado direccionamento das iniciativas públicas e privadas. 
Pero e esta iniciativa reproducible noutras zonas rurais de Galicia? e na alta montaña? Non hai que esquecer que Brión é un cocello semi-rural (poboación dormitorio), moi próximo a Santiago, cunha orografía amable e cunha estrutura demográfica das menos avellentadas de Galicia... cando estas circunstancias cambian o custo de implementar iniciativas desta índole medran de forma exponencial...
Unha lección que si se saca desta iniciativa, aplicable en calquer espacio, é que trala saída da USC do proxecto pasou a ser xestinado polo concello, o cal politizou o proxecto, restrinxiu a información e eliminou o foro social... Cal é a lección? Quen debería xestionar o proxecto? Na miña opinión calquer tipo de institución civil ou educativa, pero nunca unha institución política.
Referencias bibliográficas:
FERRÁS, C. (2008): "GIS Application for the Alphabetization in Rural Areas: A Case in Galicia-Spain". The International Journal of Technology, Knowlege & Society, vol. 4, nº 1, pp 185-195.
FERRÁS, C.; MACÍA, X. C.; ARMAS, F. X.; GARCÍA, Y. (2009): "Alfabetización digital en comunidades marginadas a partir de un SIG. Estudio de caso en Galicia". Anales de Geografía, vol. 29, nº 1, pp 221-232. Enlace:

2 comentarios:

  1. A implementación dunha iniciativa deste tipo si pode ser viable no resto do rural galego, sempre e cando exista vontade por facelo, unha adecuada planificación, unha xestión eficiente (non politizada) e a iniciativa vaia acompañada das infraestruturas e da formación adecuadas...o feito de ser zonas máis avellentadas e de máis difícil acceso pode ser precisamente o que máis favoreza o éxito deste tipo de iniciativas, despois de todo son estas persoas e estas áreas as que máis necesidade de comunicación teñen... trátase de converter unha desventaxa nuha oportunidade.

    ResponderEliminar
  2. Estou dacordo, pero a realidade non da moito pé a crer que isto se dé. Estamos nun escenario de crise económica e con presións de contención do gasto...esta crecente restricioón orzamentaria fai pouco plausible que no medio prazo se poida conseguir aplicar a unha parte significativa do rural. Por outra banda, o mal deseño, planificación e implementación das políticas públicas fan que os resultados non sexan os desexados e alonxa máis no tempo o obxectivo inicial.

    ResponderEliminar