viernes, 25 de marzo de 2011

Presentación do caso de estudo

Neste apartado vanse realizar entradas acerca dunha iniciativa empresarial, Queixería Castelo, para tratar de vinculala co desenvolvemento económico local do Concello de Pedrafita do Cebreiro. Este pequeno estudo vaise titular: “Queixería Castelo: Unha iniciativa de desenvolvemento local baseada na tradición rural”.
Para a súa elaboración acudirase ás fontes primarias e a documentos oficiais (D. O. Queixo do Cebreiro), académicos e de prensa. Os aspectos a ter en conta da información recopiada para determinar a endoxeneidade e o papel no desenvolvemento local desta iniciativa serán de carácter histórico, etnográfico, territorial, económico, político e social.
A parte das entradas que vaia realizando no Blog, teredes a posibilidade de acceder ao meu Skydrive (mediante un enlace que vos comunicarei en breve) onde poderedes atopar o estudo completo que estou a realizar, as referencias bibliográficas e demais fontes de información empregadas.
Agardo con moito interese as vosas suxerencias, comentarios e opinións.

10 comentarios:

  1. O estudo ten boa pinta pero o queixo tena moito mellor...a semana pasada probei un d Castro Verde tamén dentro da denominación d orixe, pero nin punto d comparación co d Castelo. En resumen o tema para o traballo moi bon...

    ResponderEliminar
  2. Quizáis lle falta algo d saída o mercado porque non o atopas en todas as tendas ou supers...a ver se co teu traballo se da a coñecer un pouco máis, a verdade e ke está moi rico!

    ResponderEliminar
  3. Diana Fernández Méndez25 de marzo de 2011, 15:16

    Nestes intres non sei se o que vou dicir é de todo certo...pero creo que que o problema non é a saída ao mercado (existe demanda), senón unha capacidade de produción limitada. Por outra banda, o feito de que sexa un produto con data de caducidade non moi longa dificulta a súa distribución (alguén ten que facerse cargo dos custes asociados a que caduque antes de ser vendido, e soen ser os prevedores...).
    Gracias polo comentario, averiguarei ao respecto...
    Por certo, como o propio nome indica, o queixo é do Cebreiro, e por moi ven que o fagan o resto de produtores, nunca o farán coma no seu lugar de orixe :-)

    ResponderEliminar
  4. É un queixo realmente único, merece a pena dalo a coñecer!
    Sorte no teu traballo, Diana.

    ResponderEliminar
  5. Yo creo que el mejor modo de conocerlo, es probándolo! se aceptan muestras gratis, como parte de la campaña de mkt y comunicacion!!!

    ResponderEliminar
  6. No da data d caducidade tes toda a razón, unha proposta para o fabricante sería un lanzamento d porcións moi pequenas, tipo quesitos ou queixo d burgos...ademáis como é moi cremoso, estaría ben coller unha porción, untala no pan e ala a merendar!!! Para o anónimo 3 convidámolo a que veña a feira anual do queixo do Cebreiro, soese facer o venres d semana santa e ahí pode probar todo o queixo q queira!

    ResponderEliminar
  7. Sendo da zona opino que o mellor neste caso é o producto, e o peor: o seu coñecemento, desenvolvemento e superacion de fronteiras.
    Se este queixo o fixeran os catalans seguro que se disfrutaria e moitas mais partes do mundo. Ademais inda non vin na publicidade da TVG ninguha promocion de este producto.
    É incomprensible que en moitos dos pobos galegos nin se coñeza...
    Se nin sequera se axuda a estes productos en Galicia, como vamos a exportar?.
    Por certo, que bon esta o queixo e que riqueza visual ten o Cebreiro.

    ResponderEliminar
  8. Eu non son da zona e non coñecia a existencia deste queixo (bueno si, de oídas porque hai quen lle fai publicidade e presume del), sen embargo, e tampouco sendo desa zona, veñenme a cabeza o nome doutros queixos...Eu creo que máis q falta de mercado fai falla dalo a coñercer, e que estea en igualdade de condicións que outros porque so así poderá competir polo seu mercado.
    Os cataláns farán maravillas pero non viven como galegos!

    ResponderEliminar
  9. Eu creo que non deberias centrar tanto na queixeria Castelo,hai máis productores no concello e na comarca que eu penso que teñen unha visión mais clara da realidade da denominación de orixe,ao non formar parteda direccion da mesma.

    ResponderEliminar
  10. En resposta aos vosos comentarios:
    - Anónimo 4: Paréceme unha boa proposta esa das porcións e comentareilla á empresa. Dicir tamén que o queixo do Cebreiro é un excelente ingrediente para salsas, postres, etc. e cada vez ten maior acollida no mundo da restauración (na páxina da queixería e do Consello Regulador podedes atopar receitas moi saborosas). Respecto á feira comentar que este ano cae en xoves santo (21 de abril) e que estades todos convidados.
    -Iván: O problema é que os custos de publicidade e marketing son demasiados elevados para unha empresa de tan pouco tamaño, non obstante, estou dacordo en que as administracións galegas deberían promocionar este tipo de produtos tradicionais (xa sexa dentro das políticas de desenvolvemento rural ou de Galicia como marca) dado que, na miña opinión, constitúen un elemento de valorización do rural.
    - Anónimo 5: Céntrome na queixería Castelo por dúas razóns fundamentais: 1)dende o máster indicouse que o estudo ten que ser dunha empresa concreta e para o resto de produtores do concello a produción de queixo é unha fonte complementaria de ingresos e non constitúe a súa actividade principal, e 2)Castelo foi o pioneiro na produción, distribución e venda de queixo do Cebreiro fora do ámbito local e foi o éxito desta iniciativa o que propiciou a apertura dun novo mercado para os demais produtores. Con isto non quero quitarlles importancia a o resto de produtores nin digo que non os vaia ter en conta, todo o contrario, a miña intención é abarcar todas as perspectivas e entrevistarme, a lo menos, con un dos produtores de fora da denominación.

    ResponderEliminar