viernes, 4 de marzo de 2011

Presentación do Blog

Este blog nace como unha actividade circunscrita no POP de Desenvolvemento Rexional e Integración Económica da USC. O seu obxectivo é achegar información, crear debate e facer reflexionar a todo aquel que teña interese no proceso de desenvolvemento rexional en xeral, e rural en particular. Tamén se tratarán de ver as potencialidades e limitacións das novas tecnoloxías como fonte precursora dos procesos de desenvolvemento.  
A este respecto cabe sinalar que é frecuente cometer o erro de empregar como sinónimos os conceptos de crecemento económico e de desenvolvemento económico. É certo que para acadar o desenvolvemento é preciso ter crecemento económico, pero o desenvolvemento é un concepto máis amplo xa que unha das variables fundamentais que ten en conta é a mellora do benestar social: distribución da renda, calidade educativa, servizos sociais, etc. Isto último é o que a nós nos interesa. 

4 comentarios:

  1. Este tema pode dar moito de si. Para min o mais importante é atopar no medio rural xente con iniciativa, cousa que hasta fai ben pouco apenas existía, agás casos puntuais. E digoo con coñecemento de causa.

    ResponderEliminar
  2. Diana Fernández Méndez10 de marzo de 2011, 10:11

    Estou totalmente dacordo contigo Javi.
    Esa falta de iniciativa débese en parte á escasa cultura empresarial que temos (en comparación con outras rexións como Cataluña), en parte a falta de información e de transperencia, e a formación específica é pouca e está mal enfocada. Por riba a falta de iniciativa vese agravada polo avellentamento da poboación do rural e a infravaloración que os residentes teñen do seu propio entorno.
    O primeiro paso para cambiar este aspecto debería saír da administración, pásando do actual sistema "top-down" de promoción rural a un sistema "bottom-up"; pois se non escoitamos as necesidades dos potenciais emprendedores o resultado dos investimentos públicos van ser nefastos (para os emprendedores, as arcas públicas e o bolsillo dos contribuíntes en xeral).

    ResponderEliminar
  3. Belén González de León10 de marzo de 2011, 10:12

    Muy de acuerdo con lo que dices sobre crecimiento y desarrollo. Yo estoy haciendo una investigación sobre algo parecido en Perú, y presenté un proyecto para algo similar en Argentina y la verdad es que si, ojalá pudieran muchos más entender que las diferencias entre un concepto y otro son tan distintas aunque erroneamente y a conveniencia, a veces se usen de manera indistinta.

    ResponderEliminar
  4. Penso que o problema da iniciativa empresarial non se queda só no rural. España, en xeral, é un país con escasa cultura de autoemprego, onde os empresarios seguen a ser considerados como persoas cunha moralidade distinta ou feitas dunha pasta especial.
    Se nas grandes ou medianas cidades, onde existen moitos potenciais consumidores e variadas oportunidades de negocio, os posibles emprededores non vencen o medo a poñer en marcha os seus proxectos; canto máis no rural, onde existen máis condicionantes negativos como os que se indicaron en comentarios anteriores.
    Creo que o problema está na mentalidade da poboación, tan aversa ó risco. A Administración, pola súa parte, non está a ofrecer os mecanismos necesarios para que se venza dunha vez por todas ese medo a ser emprendedor.

    ResponderEliminar