viernes, 11 de marzo de 2011

Sociedades de Fomento Forestal

A Xunta de Galicia impulsa a creación de sociedades de fomento forestal (SOFOR) para frear o abandono dos montes galegos, superar o minifundismo, reducir o risco de incendios e rendibilizar o monte.
Eu preguntome se será unha medida minimamente efectiva ou un fracaso como o Banco de Terras.

2 comentarios:

  1. Baixo o meu punto de vista, o problema non reside nos oferentes de terras. ¿A quen non lle gustaría que a súa pequena parcela de monte fora alugada aínda por un módico prezo e posta en explotación? Abandonaríase o típico pensamento galego de que herdar un monte é unha carga. Porque resulta molesto pagar o Imposto sobre Bens Inmobles, sobre algo que non produce ningún tipo de utilidade. Porque ademáis, o monte debe manterse limpo de matogueiras, case ninguén quere investir tempo nin cartos e manter limpa unha parcela que non lle produce nin un euro de rentabilidade.
    Pero, ¿quen quere ser demandante de terras forestais?
    O citado artigo sinala: "[...] el conselleiro destacó que [...] el objetivo es que "generen una economía por sí mismas y que sólo necesiten de la Xunta en los inicios para empujarlas y ponerlas en funcionamiento".
    ¿Que tipo de economía van a xerar por sí mesmas as SOFOR? ¿Acaso cando se publicou a antiga Ley de Sociedades de Responsabilidade Limitada alguén esperaba que se crearan empresas polo simple feito da súa promulgación? Por suposto que ter un marco legal, onde exista seguridade xurídica para as partes axuda a incentivar a actividade económica. Non obstante, isto non é suficiente, penso que, ademáis, se deberían de tratar os problemas estructurais que existen no agro galego.
    Para que se demandaran terras forestais, deberíase determinar que tipo de explotacións agro-forestais son viables, rendibles e ecolóxicamente sostibles en Galicia. Nestes momentos, nos que cada dous por tres se está a cuestionar nos medios de comunicación a rentabilidade das explotacións agrarias galegas, é vital xerar confianza nos galegos e difundir a idea de que o campo galego pode ser un medio de vida, e de que existen productos cuio cultivo é viable e sostible.
    So investigando en novas posibilidades de negocio, se crearía unha verdadeira demanda de terras.

    ResponderEliminar
  2. A cuestión cultural neste caso ten un papel moi importante. O clásico conformismo e a visión negativa do rural (non só dos medios de comunicación, senón tamén por parte dos galegos) é o primeiro que hai que cambiar pero iso require implicación social e deixar de ver o rural como un mero recurso produtivo, é dicir, hai que pasar a unha visión multifuncional do mundo rural: medio ambiente, paisaxe, producións de calidade (e non de cantidade), benestar animal, biodiversidade, etc. Todas estas facetas son de vitar importancia tanto para o desenvolvemento como para a sustentabilidade ambiental.
    A parte de que poida ser un fracaso, o meu gran medo derivase do éxito que puidera ter e que leve a que se comecen a repoboar montes con variedades forestais non autóctonas (penso que xa hai suficientes eucaliptos) e que, ademáis, as boas terras de cultivo se adiquen á produción forestal...

    ResponderEliminar