miércoles, 30 de marzo de 2011

O uso das TIC a nivel rexional en 2010

A pesar de que todos coñecemos a realidade (ou iso creo) nunca está demais recollela a traves de datos e imaxes. 
Baseándome nas enquisas do INE (Encuesta de uso de TIC y Comercio Electrónico en las Empresas 2009/2010 - Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y Comunicación en los hogares 2010) elaborei unha serie de mapas para que todos poidamos visualizar a situación actual. 
Figura 1: Acceso a Internet das vivendas principais con equipamiento de ordenador (%)
Como se pode observar Galicia, xunto con Extremadura e Murcia, está no escalón máis baixo de acceso á rede, de feito somos os primeiros empezando pola cola (76.3%). E isto considerando só aquelas vivendas nas que, a lo menos, hai un membro entre 16 e 74 anos. Se considerásemos o total de vivendas principais o resultado sería significativamente máis baixo. Como revertimos esta situación? 
A nivel empresarial, en España en xeral e en Galicia en particular, o tecido empresarial está dominado polas PEMES e dentro destas, a nivel galego, aquelas de menos de 10 traballadores representan entorno ao 95% das empresas galegas (IGE).
Figura 2: Empresas con menos de 10 asalariados que dispoñen de ordenador (%)
Como se ve no mapa, Galicia xunto con Extremadura, teñen a menor proporción de empresas de menos de 10 empregados que dispoñan de ordenador (preto da metade non o teñen). Este feito, a parte impedir o aproveitamento das vantaxes das TIC (comunicación, comercio elctrónico, trámites administrativos, etc.) tamén dificultan a xestión eficiente da empresa (facturación, control de pedidos, de stocks, ect.)... Como é de agargar, as cifras de acceso a internet deste tipo de empresas son aínda máis baixas...
Figura 3: Empresas con menos de 10 asalariados que dispoñen de acceso a internet (%) 
Galicia é unha das CCAA menos dinámicas en termos económicos de España, pero como nos imos desenvolver se a grande maioría das nosas empresas están "desconectadas"? como pretende a administración que as nosas empresas sexan competitivas e se integren nos mercados globais se están "desconectadas"?

2 comentarios:

  1. Hoy en día es muy importante la conexión con el exterior. La productividad, competitividad y empoderamiento de una empresa depende del conocimiento y el manejo de información que posea del exterior, de su competencia, de su entorno, sólo así podrá identificar oportunidades, vencer sus amenazas, afrontar sus debilidades y desarrollar su riqueza propia para proyectarse hacia el exterior. El buen uso de la tecnología de la información y comunicación se convierte en ventana abierta hacia el mundo para todas las empresas.

    ResponderEliminar
  2. Moi certo, pero o problema está en cómo lograr o que ti dis. Cómo unha rexión periférica, con menor dinamisco económico, con pouca implantación das TIC's e pouca formación ao respecto pode logralo? sobre todo, tendo en conta que as administracións públicas basean as súas políticas nas necesidades que eles cren que hai e non nas necesidades que realmente teñen dende o sector. Penso que se as administracións queren maior competitividade deben actuar sobre a raíz do problema, unha delas a desconexión das empresas do mundo TIC, pero para isto primeiro ten que darse unha "conexión" da administración co mundo das PEMES!

    ResponderEliminar