viernes, 11 de marzo de 2011

O BBVA di que Galicia está á cola do desenvolvemento económico

O pronóstico de crecemento para este ano realizado polo servizo de estudos do BBVA, sitúa a Galicia por debaixo do 0.6% e rebaixa á metade as previsións da Xunta de Galicia, que o sitúa nun 1%. A economía galega lastrará o crecemento do PIB de España durante este ano e o próximo porque se situará á cola do desenvolvemento no conxunto das autonomías durante o bienio.
Non me vou a meter agora mesmo na discusión de qué posición ocupa Galicia a nivel español en canto a desenvolvemento económico. O que me interesa resaltar neste caso é que se ledes esta noticia, en todo momento se mide o desenvolvemento económico a través do crecemento do PIB...outra vez estamos a confundir conceptos (inxenua ou intencionadamente)!!!!!
Enlace á noticia:

2 comentarios:

  1. Non sei se inxenua ou intencionadamente pero do que a noticia está a falar chámase crecemento e non desenvolvemento. Lembremos que o crecemento económico é un proceso polo cal a producción de bens e servizos dun determinado país se ve paulatinamente incrementada. Sen embargo, o concepto de desenvolvemento é un pouco máis amplo, nel teñen cabida factores sociais, políticos, factores medioambientais, culturais, etc.Por decilo dun xeito máis sinxelo e claro, crecemento é ser cada vez máis grande e desenvolvemento é ser cada vez mellor. No concepto de desenvolvemento ten cabida perfectamente o crecemento económico.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente dacordo!!! Claro que no concepto de desenvolvemento ten cabida o crecemento económico, é máis, é unha condición necesaria (pero non suficiente).
    O problema está en equiparar ambos conceptos, empregalos como sinónimos! Recordemos que as políticas económicas se deseñan en función dos estudos realizados por diversas institucións de recoñecido prestixio (como o servizo de estudos do BBVA en España)... e se confundimos conceptos, unha política de desenvolvemento non vai a ser efectiva porque, realmente, non é unha política de desenvolvemento.

    ResponderEliminar