viernes, 8 de abril de 2011

Por qué mercar un queixo artesán galego?

Pois por:
  • PRACER: o consumidor está a mercar un produto de nivel “gourmet”.
  • AUTENTICIDADE: o queixo artesán elaborase a partir de leite galega de calidade.
  • TERRITORIO: cando o consumidor merca un queixo artesán tamén está a mercar un “billete” á natureza da súa zona de produción.
  • TRADICIÓN: un queixo elaborado de forma artesá é un capítulo da historia da zona na que se elabora. Acontecementos como invasións, colonizacións ou migracións fan destes produtos o que hoxe son.
  • SENTIMENTOS: os aromas e os sabores da nosa terra quedan na memoria do consumidor de forma inalterable, aproximando a este aos valores perdidos de antaño.
  • PRESTIXIO: a calidade e o sabor do queixo artesán son as bazas que lle confiren prestixio.
  • SAÚDE: o queixo artesanal é un alimento completo, sen contaminantes nin aditivos.
  • SABOR: a elaboración artesá do queixo confírelle unhas características organolépticas dificilmente comparables coas producións industriais.

2 comentarios:

  1. A mín o que máis me gusta é o de SAÚDE, porque sempre se dixo o de comer san: froita, verduras... pero veñen de invernadoiros e perderon todos os bos nutrientes que nos podían aportar.
    Marta.

    ResponderEliminar
  2. Toda estratexia de desenvolvemento rexional debería ser de carácter endóxeno, isto é un factor favorable para o éxito da estratexia, sobre todo, en tempos difíciles como os actuais. Por iso, eu elixo mercar un queixo galego porque ao mesmo tempo compro tradición e territorio... ese nexo fundamental do económico, o social, o cutural, o territorial, etc. dalle un valor especial a un produto concreto como é o queixo.

    ResponderEliminar