martes, 5 de abril de 2011

Pensar no "local" e actuar no "global"

O desenvolvemento rural é un reto actual de gran importancia, tanto dende o punto de vista da conservación ambiental como da calidade de vida dos residentes. O proceso de decadencia do rural non é un signo de modernidades económica como algúns pensan, máis ben é un atraso.
Por qué no se frea esta decadencia? Para iso están as políticas de desenvolvemento rural pero, por qué segue o proceso de decadencia? Por qué as políticas non funcionan? A resposta, na miña opinión, é sinxela: os obxectivos non se corresponden cos da sociedade rural, as medidas son incoherentes coa realidade do territorio (pensan en global e actúan en local) e todo se fai baixo unha óptica estritamente produtivista.
Qué facer entón? Eu creo que hai que partir da idea de que o rural é multifuncional (policultivo, benestar animal, calidade ambiental, tradición, espazo social...) e aplicar unha lóxica metodolóxica de diagnose do territorio para realizar plans integrados cun enfoque sistémico (pensar en local e actuar en global), sen esquecer que o desenvolvemento refírese a persoas e non a obxectos (Max-Neef, 1996), e dándolle unha relevancia especial á cultura autóctona por ser a que proporciona sentido a o que a sociedade rural fai... da unha razón pola que loitar pola túa terra... Para o éxito dun proceso de desenvolvemento rural desta índole son claves a movilización dos axentes socioeconómicos locais, a cohesión social, relegar a imaxe negativa do rural, promocionar a identidade territorial e cultura tradicional, xestionar adecuadamente os recursos naturais e promocionar o uso das TIC.
Referencia bibliográfica: CARPIO, J. (2000): "Desarrollo local para un nuevo desarrollo rural". Anales de Geografía de la Universidad Complutense nº 20, pp 85-100. Enlace ao artigo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario