martes, 19 de abril de 2011

O queixo do Cebreiro nos séculos pasados

O queixo do Cebreiro, é un dos queixos de elaboración familiar máis antigos de Galicia e é un produto claramente vinculado ao Camiño de Santiago. Esa vinculación do queixo do Cebreiro e do Camiño Francés fixo que dende fai moitos séculos O Cebreiro fose coñecido como un dos territorios produtores por excelencia. A súa estendida fama fixo que este produto lácteo gozase dunha moi aceptable acollida nos mercados de séculos pasados; de feito existe documentación a partir do século XXVIII que así o acredita:
  • 1750: P. de Seguín: os queixos do Cebreiro “son nos mellores gustos os máis delicados do mundo”.
  • 1762: Arancel de prezos fixados polo Concello da Coruña: no mercado desa cidade vendíase a libra de queixo do Cebreiro a un prezo case igual ao dos queixos importados de Holanda, Flandes e Inglaterra.
  • 1767: Consta nun informe sobre o cultivo de montes que as montañas do Cebreiro “amparan a comodidade da vida dos seus habitantes con felices colleitas de exquisito centeo, moita cría de gando e abundancia de manteiga e queixo”.
  • 1786: Cornide enfatiza a común grangería de gandos, de cuxa carne os lugareños fan riquísima cecina e da súa leite obteñen o apreciado queixo do Cebreiro.
  • 1793: Correo Mercantil de España y sus Indias: os queixos do Cebreiro comportan “un dos artigos que contribúen a aumentar o comercio activo de Galicia” pola súa exportación ás dúas Castelas e a Madrid, e “gozan dunha estimación similar aos das montañas de Burgos e da provincia da Mancha”.
  • 1850: Neira de Mosquera: o queixo preparado no Cebreiro fórmase “entre anacos dun lenzo que podería competir co empregado nas veas das embarcacións”, e cuxa granulosa textura fai presentar “a informe  exterioridade dunha elaboración salvaxe”.
  • 1852: Conde de Pallares: pola súa peculiar elaboración, o queixo do Cebreiro podería rivalizar cos queixos franceses de Brie e Marolles ou cos suízos de Neufchatel.


 Para máis información premer no seguinte enlace:

3 comentarios:

  1. No sabía que había registros históricos de la elaboración de dicho queso desde tan antaño... Buen trabajo! Me imagino que recopilar eso te ha llevado un buen tiempo!

    ResponderEliminar
  2. Pois si, existen diferentes manuscritose e obras nos que se fai referencia ao prestixio do queixo do Cebreiro en séculos pasados, así como outro tipo de documentación orixinal do reinado de Carlos III acerca das remesas que este mercaba...en breve subirei algo acerca disto...
    Para recopiar a información pasei algo de tempo, pero tiven a inestimable axuda do dono da queixería Castelo, que me indicou onde conseguir algunha destas referencias.

    ResponderEliminar
  3. Pois si que ven de antigo a tradición deste queixo!! Sabía que era apreciado pero non coñecía toda esa tradición... Muy interesante.

    ResponderEliminar