lunes, 18 de abril de 2011

Comunicación e distancia na cooperación empresarial

A comunicación mediante as TIC substitúe á comunicación cara a cara? Na vida persoal parece que a comunicación on-line si pode substituir á comunicación off-line, sen embargo no mundo empresarial son medios complementarios. Isto é o que se desprende do artigo que se cita abaixo. Dito artigo estuda este aspecto e tamén a importancia da distancia xeográfica nas relacións entre empresas de alta tecnoloxía nunha rexión periférica do norte de Finlandia a través de entrevistas aos seus xestores.
Outra conclusión que se extrae deste artigo é que a medida que a distancia aumenta, a comunicación on-line gaña importancia... pero esta distancia non inflúe na elección do socio empresarial...
Non obstante, o presente artigo suscítame dúas dúbidas de carácter metodolóxico que poden poñer en entredito os seus resultados; por unha banda, cál é a significatividade da mostra? e pola outra, quizáis aínda máis importante, cómo están formuladas as preguntas do cuestionario? É ben sabido por todos que un estudo deste tipo queda totalmente supeditado ao deseño do cuestionario (o cal no se facilita nos anexos), e este deseño pode ser o responsable dun importante nesgo nas respostas.
Outra cuestión que se me ven á cabeza é se o resultado do estudo sería o mesmo no caso de coller empresas doutra rexión ou doutro sector; dado que o sector da alta tecnoloxía é un sector innovador onde os fluxos de información xogan un papel determinante e onde a man de obra está moi cualificada, o resultado obtido é o lóxico.
Referencia bilbiográfica: ALA-RÄMI, K. (2007): "Communication and Distance in Collaboration between High-technology Enterprises in Northern Finland". European Planning Studies vol. 15, nº 8, pp 1047-1062. Enlace ao artigo:
http://pdfserve.informaworld.com/491879_771412199_780847310.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario