lunes, 4 de abril de 2011

Inflúe a distancia no desenvolvemento?

Esta é unha das preguntas claves que se fan os economistas, xeógrafos e expertos en desenvolvemento á hora de explicar por qué unhas zonas medran máis que outras e o fan de maneira máis competitiva. A cuestión da distancia foi analizada nunha das ponencias debatidas no II Foro de Economía Galega 2011, realizado polo equipo de investigación REDE (Universidade de Vigo), co patrocinio do Grupo Pérez Rumbao, celebrado en Mondariz Balneario os días 31 de marzo e 1 de abril.
E vós que pensades ao respecto? Si inflúe? Non inflúe? Depende?...as teorías centro-periferia din que si pero, acaso os escandinavos non viven na periferia de Europa?...Dende o meu punto de vista si inflúe aínda que de maneira desigual pois a especialización produtiva de cada rexión xoga un papel determinante á hora de medir a importancia da distancia xeográfica. 
Enlace ás noticias:

1 comentario:

  1. A distancia se inflúe e non inflúe no desenvolvemento. Unha empresa deslocalizada, que ten que enviar os seus produtos a un mercado vese influída porque canto máis lonxe está do mercado maiores custeo de transporte soporta (e translada ao produto final. Pero, por qué China que está moi lonxe coloca os seus produtos en todo o mundo? pois polo baixo custo de produción. Por qué non afecta? o exemplo dos escandinavos é o mellor, están lexos dos mercados, teñen altos custos de producion, pero sen embargo son competitivos. Razón? Innovación engadida ao valor final do produto. Moitas teses de fai varios anos non valen hoxe en día.

    ResponderEliminar