martes, 28 de junio de 2011

226311€ para a mellora do Camiño Natural da Ribeira Sacra

O Camiño Natural da Ribeira Sacra percorre unha comarca de alto valor paisaxístico cunha rica biodiversidade, que ademais conta cun importante patrimonio cultural de carácter relixioso, no que se poden visitar 18 mosteiros.

Os traballos financiados consistiron principalmente na limpeza da senda, o acondicionamento da traza, a mellora do desaugüe, a reposición de cerramentos e a colocación de nova sinalización informativa. Unha vez finalizadas as obras de mellora e mantemento realizadas no seu percorrido, o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, puxo de novo en servizo o Camiño Natural da Ribeira Sacra, un conxunto de rutas de 41 kilómetros que percorre a comarca dese mesmo nome entre as provincias de Ourense e Lugo.  
Enlace á noticia:

1 comentario:

  1. Ola!
    A verdade e que a Ribeira Sacra ten moito que ensinar ó mundo, o patrimonio cultural que ten é increible. O que non sabía era a cantidade de rutasque ten! Nin máis nin menos que 41!
    Felicitarche polo teu blog e polos teus artigos ;)
    Sigo o teu blog. Un saúdo!
    http://enciende-tumente.blogspot.com/

    ResponderEliminar