lunes, 18 de abril de 2011

Concello de Pedrafita do Cebreiro: fotos

Preséntovos a Pedrafita do Cebreiro:















Hórreo tipo asturiano: 

 Alto de San Roque:






Comunicación e distancia na cooperación empresarial

A comunicación mediante as TIC substitúe á comunicación cara a cara? Na vida persoal parece que a comunicación on-line si pode substituir á comunicación off-line, sen embargo no mundo empresarial son medios complementarios. Isto é o que se desprende do artigo que se cita abaixo. Dito artigo estuda este aspecto e tamén a importancia da distancia xeográfica nas relacións entre empresas de alta tecnoloxía nunha rexión periférica do norte de Finlandia a través de entrevistas aos seus xestores.
Outra conclusión que se extrae deste artigo é que a medida que a distancia aumenta, a comunicación on-line gaña importancia... pero esta distancia non inflúe na elección do socio empresarial...
Non obstante, o presente artigo suscítame dúas dúbidas de carácter metodolóxico que poden poñer en entredito os seus resultados; por unha banda, cál é a significatividade da mostra? e pola outra, quizáis aínda máis importante, cómo están formuladas as preguntas do cuestionario? É ben sabido por todos que un estudo deste tipo queda totalmente supeditado ao deseño do cuestionario (o cal no se facilita nos anexos), e este deseño pode ser o responsable dun importante nesgo nas respostas.
Outra cuestión que se me ven á cabeza é se o resultado do estudo sería o mesmo no caso de coller empresas doutra rexión ou doutro sector; dado que o sector da alta tecnoloxía é un sector innovador onde os fluxos de información xogan un papel determinante e onde a man de obra está moi cualificada, o resultado obtido é o lóxico.
Referencia bilbiográfica: ALA-RÄMI, K. (2007): "Communication and Distance in Collaboration between High-technology Enterprises in Northern Finland". European Planning Studies vol. 15, nº 8, pp 1047-1062. Enlace ao artigo:
http://pdfserve.informaworld.com/491879_771412199_780847310.pdf

jueves, 14 de abril de 2011

Subvencións e premios para contidos educativos dixitais

Resolución do 29 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións ás empresas para a creación de materiais educativos dixitais, así como da concesión de premios ao profesorado que desenrole novos contidos educativos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (procedementos administrativos PR522A e PR522B).
Será que a Xunta se está danto conta das potencialidades das TIC na educación? Témome que non vai por ahí o tema, aínda que sempre é de agradecer calquera pequeno paso no bó camiño.
O que si debemos ter claro é que está moi ben dotar aos centros educativos con infraestruturas TIC, pero se non existen contidos dixitais, ditas infraestruturas non van ser aproveitadas... en moitos casos serán meros elementos decorativos!!! (podería poñer máis dun exemplo ao respecto!!)
Enlace á noticia:

viernes, 8 de abril de 2011

Por qué mercar un queixo artesán galego?

Pois por:
  • PRACER: o consumidor está a mercar un produto de nivel “gourmet”.
  • AUTENTICIDADE: o queixo artesán elaborase a partir de leite galega de calidade.
  • TERRITORIO: cando o consumidor merca un queixo artesán tamén está a mercar un “billete” á natureza da súa zona de produción.
  • TRADICIÓN: un queixo elaborado de forma artesá é un capítulo da historia da zona na que se elabora. Acontecementos como invasións, colonizacións ou migracións fan destes produtos o que hoxe son.
  • SENTIMENTOS: os aromas e os sabores da nosa terra quedan na memoria do consumidor de forma inalterable, aproximando a este aos valores perdidos de antaño.
  • PRESTIXIO: a calidade e o sabor do queixo artesán son as bazas que lle confiren prestixio.
  • SAÚDE: o queixo artesanal é un alimento completo, sen contaminantes nin aditivos.
  • SABOR: a elaboración artesá do queixo confírelle unhas características organolépticas dificilmente comparables coas producións industriais.

Queixos galegos: luces e sombras

Os antecedentes dos cinco queixos tradicionais galegos asócianse ao proceso histórico de Galicia. A orixe do queixo de San Simón remóntase á colonización romana; o queixo do Cebreiro esta ligado ao Camiño de Santiago, mentres que os queixo de Tetilla e Arzúa-Ulloa presentan unha orixe máis difusa.
A pesar da súa dilatada historia, a partir da guerra civil española os queixos tradicionais galegos comezan unha etapa de “escuridade” debido á que coa implantación gradual de queixerías mecanizadas, o consumidor podía atopar produtos coa mesma denominación e aspecto físico, aínda que de características moi distintas aos orixinais.
A final da década dos 80, os queixos galegos comezan a renacer. É nestes anos cando aparecen as primeiras queixerías artesás na zona de Arzúa, estendéndose esta idea a outras de Galicia como Betanzos, O Cebreiro, a Ulloa, etc. Este rápido desenvolvemento inicial foi impulsado por un cúmulo de factores de diversa índole: as axudas da Xunta de Galicia, a inestabilidade nos prezos do leite, o incremento do valor engadido do leite nas explotacións medianas, o abandono das rutas de recollida de leite nas zonas de montaña, temor á política de cuotas leiteiras da Unión Europea, etc.
Dende finais dos 80 e ata a actualidade a evolución, aínda que dispar, foi moi positiva para todos estes queixos.
Enlace: no meu Skydrive xa podedes atopar partes deste traballo máis completas:

A solidariedade tamén é importante no desenvolvemento

Farmamundi Galicia pon en marcha a xira de teatro “Globalicemos la solidaridad” que terá lugar os próximos días 11 e 12 de abril, en salas de A Coruña e Santiago de Compostela con representacións críticas e comprometidas do "Colectivo de Mujeres de Matagalpa", ONG nicaragüense que traballa con Farmamundi dende 1998 en proxectos de acceso a medicamentos, saúde sexual e reproductiva e impulsando o papel das mulleres para fomentar o desenvolvemento comunitario e social.
Enlace á noticia:
http://www.congde.org/index.php/noticias/vernoticia/id_noticia/1222

 

Un programa de actividades turísticas promocionará a Galicia rural

As Consellerías de Medio Rural e Cultura e Turismo coordinarán ata final de ano un programa de actuacións turísticas conxuntas dirixidas a reactivar e dar a coñecer o territorio rural galego, así como para impulsar o desenvolvemento de produtos turísticos específicos e canais de venda adecuados. Actividades que se xestionarán baixo o paraugas do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013.
Enlace á noticia: